Guyi Guyi: Os nosos contos na Btca. Fórum
Os nosos contos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano ás 18.30 h.
Quen será o protagonista do conto de hoxe? Penúltima sesión de contacontos. Ven o xoves, 10 de maio, ás 18.30 h, á Sala Infantil da Biblioteca Fórum Metropolitano e descubriralo. Contaremos o conto: "Guyi Guyi" de Mercer Mayer (Kalandraka): Un crocodilo nace por accidente no niño dunha familia de patos. Guyi Guyi é tan feliz que non se decata do diferente que é dos seus irmáns. Pero un día Guyi Guyi encontra tres malvados crocodilos que intentan convencelo de que non é un pato e pídenlle que engane a súa familia para poder devorala ao día seguinte.
"Os nosos contos" é un contacontos para nenos de entre 2 e 6 anos. Se tedes fillos desa idade, e queredes compartir con eles a maxia dos contos, xunto a Maelón, o camaleón mascota de "Os nosos contos", a gardiá dos contos e os bibliotecarios, só tedes que vir á sala infantil da Biblioteca do Fórum Metropolitano todos os xoves cada quince días, dende o 19 de xaneiro de 2012.

No hay comentarios:
Publicar un comentario