2 may 2012

  
AAVV OZA GAITEIRA OS CASTROS
 
Moi boas dende Oza,
Deixámosvos eiqui o cartaz da actividade do Barco das  Letras que coma 2º travesía, fai esta Asociación Veciñal, queremos contar con todas e todos vós, mais sabedes da limitación do barco, motivo polo cal pregámosvos que nos chamedes ao teléfono 658 565 667 e reservedes praza, sobor deste particular indicarvos que pra o mantemento da actividade o prezo por adulto e de 3 €, mentres que os nenos e nenas embarcarán de balde. No barco teremos á venda camisolas conmemorativas deste acto con deseño orixinal dun artista sen igual do bairro a 7 €.
Sabedores dos recortes que se están a practicar dende todas as administracións aos petos de todas e todos nós, esta Asociación tamén sufre deste mal presente, porquE non dicilo. 
Dende o goberno non cren no asociacionismo veciñal comprometido, se cadra teremos que chamar ás portas de mecenas se os houber que queiran comprometerse con nós. 
Hoxe máis ca nunca, as veciñas e veciños debéramos de estar man con man loitando contra esta grave crise imposta polo poder financeiro e dos mercados. Vaiadende acó este chamanento as veciñas e veciños, o noso local está aberto pra denunciar, reivindicar, e sobor de todo defendermonos nestas épocas convulsas, acudide cando precisedes, colaborade, participade e difundide, cantos máis sexamos, mellor e máis forte se escoitará a nosa voz.


saúde e boa singradura,

coné
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario