BIBLIOTECA NODAL DA CORUÑA - MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS
Contacontos en galego e castelán, encontros con autor, obradoiros… para nenos e nenas de 0 a 12 anos.
O sábado 17 de marzo, ás 11:30 h., The Very hungry Caterpillar, por English Story Time. O conto clásico da eiruga famenta. Os nenos axudarán a contar o conto cunha eiruga de peluche que "come" os alimentos. Aprenderán os nomes das froitas e outros alimentos. Coñecerán o ciclo de vida da bolboreta e xogarán un xogo de memoria con froitas de verdade. Para os que teñades entre 3 e 7 anos. Non precisades invitación.
O sábado 24 de marzo, ás 11:30 h., Contos para escoitar mentres bailamos un vals, por Caxoto Contacontos. Neste novo espectáculo Caxoto Contacontos desprega unha ampla destreza no manexo dos máis insólitos instrumentos musicais. O exotismo do birimbao, a maxia da frauta doce,ó ronroneo do acordeón... Con eles relata a orixe da paixón de Sabela pola música nunha aventura de 60 minutos que saben a pouco.
O sábado 31 de marzo, ás 11:30 h., CONTOS COS TRASNOS, pola Compañía do TRINKE-TRINKE. Contacontos para nenos de 3 a 7 anos.
Lembrade que tamén vos esperamos na sala infantil-xuvenil con todos os nosos servizos: préstamo a domicilio de libros, cds, dvds, cd-roms e revistas, acceso directo aos multimedia, terminais de internet, conexión wifi, hemeroteca infantil, etc.... e moito espazo para que podades ler e facer os vosos traballos escolares comodamente.
A Biblioteca Pública da Coruña invítavos as súas actividades no Día do Libro Infantil e Xuvenil o 2 de abril. Máis información no enlace: http://issuu.com/bibliocoruna/docs/dia_del_libro_infantil
ResponderEliminar