26 mar 2012

Loboferoz: Os nosos contos na Btca. Fórum



Portada do libro
Os nosos contos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano ás 18.30 h.

Iniciamos o terceiro bloque d'Os nosos contos. Este bloque está dedicado aos protagonistas de contos tradicionais como o lobo, os porquiños, Pinocho, patiños... O vindeiro xoves, 29 de marzo de 2012, ás 18.30 h, na sala infantil da biblioteca Fórum Metropolitano agardámosvos cun sorprendente conto cuxo protagonista é o LOBO. Contaremos o conto "LOBOFEROZ" de Patacrúa (OQO):
Era unha vez un lobo tan vago que, por non esforzarse, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz...
Agardámosvos a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario