BIBLIOTECA NODAL (MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS)
1. BOOKCROSSING NA BIBLIOTECA. Actividade de fomento da lectura en colaboración coa OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). O día 2, ás 12 da mañá e logo ás 5 da tarde, imos facer unha liberación masiva de libros. Precisamos a colaboración de todos. Recolleremos os libros que nos doedes, de literatura infantil e xuvenil e, como zona oficial de Bookcrossing, ensinarémosvos a rexistralos e liberalos.
2. CIENCIA DIVERTIDA: OBRADOIRO EDUCATIVO por TEATRO DO MIOLO. Obradoiro ideado para ensinar ciencia dunha forma lúdica a nenos de + 6 anos.
DESCRICION DO OBRADOIRO: Caracterización dos nenos con maquillaxe ou elementos de vestiario para o inicio da actividade. Os participantes, guiados por dous científicos moi especiais, realizarán distintas actividades interactivas. Mediante experimentos divertidos e espectaculares aprenderán xogando nocións sobre distintas disciplinas científicas. OBXECTIVOS: Espertar a curiosidade e imaxinación dos nenos dunha forma educativa e entretida. - Potenciar a curiosidade científica innata nos nenos. - Adquirir diversas nocións científicas.
Teremos dúas sesións deste obradoiro: unha ás 5 e a outra ás 6 e media da tarde. Precisades reservar praza, no correo electrónicobppmgonzalezgarces@xunta.es ou no tel. 981 17 02 18
No hay comentarios:
Publicar un comentario