O entroido é tempo para a diversión. Na Coruña son tradicionais os desfiles e as comparsas, moitas delas existentes dende hai anos. Tamén na Biblioteca celebramos, por cuarto ano, o Certame de Debuxo O Entroido que terá ao debuxante e escritor Siro López Lorenzo como presidente do xurado.
Están convocados todos os nenos de entre 6 e 14 anos, para que nos deades cun debuxo a vosa visión da nosa festa popular. Bases do IV Certame de Debuxo O Entroido 2012 na web: http://rbgalicia.xunta.es/coruna/index.php?subApartado=57
Haberá Diploma de participación para todos, premios para os gañadores e diplomas de gañador tanto para a Categoría A como para a Categoría B. Todos os diplomas son deseño de David Pintor, ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor coruñés.
Entrega de premios e diplomas a todos os participantes o venres 24 de febreiro ás 18:30 h. no Salón de actos da Biblioteca.

No hay comentarios:
Publicar un comentario