ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Conforme Vos informamos na Asemblea Extraordinaria do pasado 17 de xaneiro, o concello da Coruña pon en marcha unha serie de actividades extraescolares novas en Educación Primaria, que comezarán a funcionar a partir do día 13 de febreiro.
No CEIP Anxo da Garda desenvolverase a actividade de "Ocio Educativo", na franxa horaria de 16:00 a 18:00 horas, en días horas aínda por determinar. Na ANPA tedes máis información e poderedes cubrir e entregar a solicitude. Abriremos venres, luns e martes de 9 a 10 da mañá. Precisaredes tamén unha fotocopia do DNI do pai/nai/titor legal e unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor.
Noutros centros educativos da nosa zona desenvolveranse as actividades de "Click in english", "Listen and speak" e "Palabras contadas", dirixidas a alumnos de entre 3º e 6º de Primaria, ambos incluidos. A inscrición en cualquera destes programas únicamente se pode facer on line, na web educativa do Concello: www.edu.coruna.es. A admisión é por rigorosa orde de inscrición. O prazo remata o próximo luns día 6.
A ofician da APA abrirá desde mañana e ata o próximo martes todos os días de 9 a 10 para que aqueles que estedes interesados no programa de "Ocio Educativo" poidades presentar a inscrición.
Xunta Directiva da APA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario