14 dic 2011

AXENDA CULTURAL

Xoves Tátara Dúo15
Biblioteca da Sagrada Familia (Rúa Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
"Tátara Dúo" cerra este xoves a temporada de concertos dos "Xoves na Sagrada". Pablo Díaz e Álex Fente conforman este grupo que interpreta folk e música tradicional galega. Os dous son sobradamente coñecidos no panorama musical galego. Pablo Díaz é compoñente de Ruote, director de Donaire e compositor da música da compañía de danza Entrecaixas, ademais de autor do libro-disco TIC TAC, mentres que Álex Fente toca en formacións tan prestixiosas como Tiruleque, TIC TAC ou a compañía Entrecaixas.

"Hermano", Hermanode Marcel Easy riderRasquin (Venezuela, 2010, 97 minutos), N. R. M. de 12 anos, na Sala Marilyn Monroe, dentro do ciclo Dereitos humanos. Historia sinxela e poderosa de dous irmáns que loitan por se converter en futbolistas profesionais.  Daniel é un dianteiro excepcional, un fenómeno. Julio é o capitán do equipo, un líder nato. A oportunidade das súas vidas chega cando un cazatalentos do Caracas Fútbol Club os convida a unhas probas no equipo. Pero a vida do barrio interponse e unha traxedia sacódeos. Proxeccións: xoves 15 ás 20:15; venres 16 ás 20:15; sábado 17 de decembro ás 17:15 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).
"Easy rider", de Dennis Hopper (Estados Unidos, 1969, 94 minutos, V. O. S. en castelán), N. R. M. de 13 anos, dentro do ciclo Títulos de sempre, na Sala Fernando Rey. Dous mozos motoristas de Los Ángeles emprenden unha viaxe cara a Nova Orleáns.  Atravesan todo o país coa intención de descubrir América. Despois de lle vender cocaína a un home de Los Ángeles, Billy e Wiatt (alias Capitán América) asisten á festa do Mardi Gras. Axiña reinician a viaxe e vanse atopando con personaxes estrafalarias, entre elas un rancheiro e a súa familia, ou un viaxeiro de autoestrada dunha comuna hippie, antes de seren arrestados nun pobiño por parar sen un permiso. Proxeccións: xoves 15 ás 20:30; venres 16 ás 20:30 e 23:00 h.; e sábado 17 ás 17:30 e 20:30 h. Entradas: 3 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 euros).

Xoves Coral Polifónica El Eco15
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Concerto en conmemoración do 130 aniversario da Coral Polifónica El Eco.

CGAI: “Ingrid Caven, music et voix”, de Bertrand Bonello

Xoves Ingrid Caven, music et voix15
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).
Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "Ingrid Caven, music et voix" (Francia, 2006, 106 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. Concerto da cantante e actriz alemana, antiga musa de Fassbinder, Ingrid Caven. Nos seus recitais alterna Kurt Weill, Erik Satie, os Beatles ou Schönberg con textos escritos por ela mesma ou o malogrado Fassbinder. Neste recital hai unha composición electrónica de Giuseppe Giuliano e novos temas a cargo de Peer Raben, compositor á súa vez de Fassbinder.

A. C. Alexandre Bóveda: presentación do libro “Formas de ver a Bóveda”

Xoves 15
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Formas de ver a Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano".
2011-12-14 Exposición ARGA

CGAI: “L’apollonide”, de Bertrand Bonello

Mércores L'apollonide14
18:00 e 20:45
CGAI (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (0,60 euros con carné xove).
Dentro do ciclo "Bertrand Bonello", proxección de "L'apollonide" (Francia, 2011, 122 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Bertrand Bonello. A inicios do século XX nun prostíbulo de París, unha prostituta é desfigurada por un cliente. Marcada traxicamente, a convivencia e o universo pechado segue o seu discorrer no burdel. Ambicioso retrato de grupo e, en simultáneo, de individualidades que vai ter estrea en España.

Mércores 14
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 8 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
Estrea de "Usted está aquí", de Nuria Sotelo e compañía e Natxo Montero, un espectáculo de danza contemporánea, baixo a dirección de Ana Vallés. "Que é o que estou mirando? A sombra dunha muller, pallaso de andar por casa, figura andróxina, un borrón triste. Alguén asubía un movemento en francés. Os artistas do penso vitaminado póñense os tacóns para unha visita guiada ao matadoiro..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario