
A Fundación Luis Seoane propón en
A través das sombras. Outros mundos no imaxinario de Luis Seoane os campamentos urbanos deste Nadal para nenos de entre 3 e 12 anos. Do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, os nenos coñecerán a obra do artista galego a través dun caderno de traballo do que se fará partícipe o seu ámbito familiar. Entre outras moitas cousas, os participantes no campamento formarán parte dunha peza audiovisual na que darán o seu punto de vista sobre unha obra pertencente aos fondos da colección da Fundación Luis Seoane, invitando aos pais a participar con eles, dos seus comentarios e da súa propia filmación. A peza resultante formará parte da exposición sobre Luis Seoane que a Fundación Luis Seoane prepara para o mes de febreiro de 2012.
A inscripción nos campamentos é de 100 euros, no caso de grupos de irmáns farase un desconto do 25%. Os horarios dos campamentos serán de luns a venres de 9:30 a 14:00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario