13 abr 2014

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Non hai como ver sorrir e gozar a rapazada, e iso foi o que pasou o venres no salón de actos do Anxo. Música da boa, xente da mellor e público inmellorable. Estas son instantáneas tirada a última hora despois de que Yanira fixese unha magnífica interpretación á que se uniron rapidamente María coas voces e Magín cos acordes da guitarra. Estes son os momentos que se recordan, os que te fan rir, sentir, gozar, emocionarte ou simplemente divertirte. Parabéns a Magín Blanco por este marabilloso proxecto e grazas por compartilo con nós. Seguiremos navegando polo Sil e polo Miño!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario