13 may 2014

Grande o noso equipo!!!!!!!!




XVIII MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS

Un ano mais a ANPA decidiu participar na Mostra de Actividades  Culturais organizada pola Federación de Anpas de A Coruña e que terá lugar os días 13 a 16 de maio no Forum Metropolitano da Coruña.

O obxectivo deste acto, que dura varios días, é que se converta nunha mostra das actividades extraescolares que as ANPAS da cidade de A Coruña organizan en cadanseus centros e que os nen@s e as familias vexan e disfruten as diferentes actuacións que os pequenos artistas dos CEIPs, Institutos e Escolas Infantís da cidade preparan ao longo do curso.

Do noso centro participarán os seguintes grupos:
- POE - Teatro: alumn@s de E. Infantil e E. Primaria 1º Ciclo. 2 grupos. Mércores 14, 19:00 horas.
- Baile moderno. alumn@s de E. Primaria. 3 grupos. Xoves 15, 19:00 horas.
- Teatro (Artestudio): alumnos de E. Primaria. 1 grupo. Venres 16, 18:00 horas.

Neses días haberá unha exposición de traballos no hall do Forum, onde estarán tamén os dos nosos alumn@s de POE, así como os debuxos dos alumn@s de E. Primaria finalistas do concurso  de debuxo convocado pola Federación Provincial de ANPAS de A Coruña.

 Esperamos contar coa vosa presenza. Un saúdo.