21 feb 2014

FESTA DO ENTROIDO

O próximo VENRES 28 de febreiro, de 16:00  a 18:00 horas, celebraremos a Festa do Entroido da ANPA, con música, xogos, unha pequena merenda e sorteo de agasallos.

Os pais/nais que queiran poderán entrar a partir das 17:00 horas ao baile e queima do Momo. Tamén teremos tómbola e ambigú de pais e nais organizados polos alumn@s de Sexto Curso.

As entradas para poder asistir á festa recolleranse no  local da ANPA na semana do luns 24 ao venres 28, todos os días de 9:00 a 9:30 e tamén no noso horario habitual. Todos os nen@s terán que levar a súa entrada.

Para os socios da A.N.P.A. a entrada é gratuita (só hai que recollela), para os non socios o prezo é de 4 €. 

Non se permitirá a entrada aos nen@s que non estean matriculados no  centro. Tampouco se deixarán pasar espadas, pistolas, variñas, sprais, foguetes,… etc, ou calquera cousa coa que os nen@s poidan mancarse.

Xunta Directiva da ANPA     

No hay comentarios:

Publicar un comentario