31 may 2012

PREOCUPACIÓN DUNHA NAI

MONTSE ha dejado un nuevo comentario en su entrada "Normas e servizos da APA Castelao": 




BOAS A TODOS,
Son nai de dous nenos do Anxo, e estou preocupada polo feito de que o ano que ven, non vaia a existir Ludi, e parece ser que non hai moita posibilidade de unha alternativa semellante. Polo tanto, no curso 2012/2013 é bastante probable que deixen os meus fillos na porta da escola as 16:00 horas, momento no que eu aínda me encontro no traballo.
Polo tanto gustaríame intentar buscar solucións. 
Unha idea que tiven, foi que podíamos xuntar os cartos que destinabamos a pagar Ludi e encargarlle a alguén que lle interesase, a posibilidade de por exemplo, levalos a actividades ao San Francisco Javier, indo despóis nós a recollelos as 18:00, o igual que facemos este ano no Anxo.
Calquer outra proposta sería boa, o que se trata é de que tratemos de buscar unha solución.
Grazas.
MONTSE 





Na vindeira semana teremos a asamblea da anpa, plantexarémosvos as posibilidades das que dispoñemos a día de hoxe e tentaremos buscar unha solución ou polo menos sentar as bases para poder arranxalo ao comezo do curso que ven. Agradécense cantas ideas poidades aportar.
ResponderSuprimir

1 comentario:

  1. Na vindeira semana teremos a asamblea da anpa, plantexarémosvos as posibilidades das que dispoñemos a día de hoxe e tentaremos buscar unha solución ou polo menos sentar as bases para poder arranxalo ao comezo do curso que ven. Agradécense cantas ideas poidades aportar.

    ResponderEliminar