22 may 2012


Escola Municipal de Música: inscrición previa curso 2012/13

Data:
Dende o 21/05/2012 ata o 25/05/2012.
Organizada por:
Concello da Coruña
 A inscrición previa é obrigatoria para todos aqueles alumnos de novo ingreso e un requisito imprescindible para formalizar posteriormente a matrícula. A lista de prazas vacantes para a inscrición previa está dispoñible na web da Escola Municipal de Música.
Datas de inscrición previa: do 21 ao 25 de maio, de 8.00 a 21.30 horas, na sede da Escola Municipal de Música (r/ Torre, 67).
Rematado o prazo de inscrición previa, publicaranse as listas de admitidos o 4 de xuño. Nelas figurará a especialidade instrumental, así como os horarios concedidos. O prazo de matrícula será do 4 ao 8 de xuño, de 08.00 a 21.30 horas na sede da Escola Municipal de Música.
NOTA: Debido ao elevado número de alumnos do centro non é posible comunicar por teléfono os datos expostos nas listas.

Información:
Escola Municipal de Música
Rúa da Torre, 67
Tel: 981 226 752
emusica@edu.coruna.es
http://www.coruna.es/emm/index.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario