Unha vez contabilizadas as inscricións nas dúas actividades e tendo en conta o elevado número de participantes, vémonos na obriga de facer dous grupos en función da idade (baile moderno) ou do nivel (patinaxe), mantendo os días pero non o horario de cada actividade.
As listaxes dos nenos/as e os horarios están á vosa disposición no taboleiro da ANPA.
Unha vez den comezo as actividades podería haber algunha modificación en función dos criterios dos monitores, particularmente en patinaxe, por desconocer nós o nivel concreto de cada neno/a.
Sentimos o transtorno que poidan ocasionarvos estes cambios, pero coa cantidade de participantes nas actividades e os espazos de que dispoñemos non somos quen de atopar outra solución.
Grazas pola vosa comprensión.
A Xunta directiva
No hay comentarios:
Publicar un comentario