12 dic 2012

INSCRICIÓN OU RENOVACIÓN NAS ACTIVIDADES

  • Dos días 13 ao 20 de decembro todos aqueles alumnos/-as que queiran inscribirse nas actividades de Proxecto de Ocio Educativo (2º trimestre) e/ou Deporte no Centro (de xaneiro a xuño) nas actividades de patinaxe, xadrez, baile moderno e/ou multideporte, terán que pasar pola ANPA para formalizar a inscrición e aboar a cota respectiva. 
  • Tamén terán que renovar a praza todos os que xa asistiron a estas actividades extraescolares e queiran continuar nelas. As cotas poderán facerse efectivas na ANPA no momento de inscrición ou renovación ou a través de ingreso bancario na seguinte conta de Novagalicia Banco, indicando no concepto o nome do neno/a e a actividade: 2080-0708-92-3040004649 No caso de pago por banco, o prazo máximo para aboar a cota será o 4 de xaneiro. 
  • De non aboarse en prazo a cota, o alumno/a non poderá continuar na actividade. 
  • Para axilizar as inscricións/renovacións a oficina de ANPA abrirá na vindeira semana de luns 17 a xoves 20 de decembro, de 9 a 10 da mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario