9 may 2012




A Plataforma EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO empraza a comunidade educativa e universitaria
a unha xornada de loita o 10 de maio
As organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público (CONFAPA, Federación do Ensino de CCOO, FETE-UGT, CSI.F, IESGA, Sindicato de Estudantes e Escola Viva) facemos un chamamento á participación da comunidade educativa na xornada de loita do xoves 10 de maio que se concreta en:
1º) Concentración diante dos centros durante 10 minutos antes do co-mezo da xornada (ou no recreo) portando algún cartaz ou pancartas con lemas como os que propomos a continuación:
 Defendemos o ensino público.
 Co noso futuro non se xoga.
 Non aos recortes no ensino.
 A educación non se vende, deféndese.
2º) Apoiamos e secundamos as manifestacións convocadas polos estudantes. Solicitamos o apoio a toda a cidadanía que poida acudir e que terán lugar en:
 Santiago, 12 horas na Alameda.
 A Coruña, 12 horas na Praza da Palloza.
 Ferrol, 12 horas no Edificio da Xunta.
 Vigo, 12 horas na Praza de América.


No hay comentarios:

Publicar un comentario