Os nosos contos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano ás 18.30 h.
Iniciamos o terceiro bloque dos nosos contos. Este bloque está dedicado aos protagonistas de contos tradicionais como o lobo, os porquiños, Pinocho, patiños... Nesta ocasión os porquiños serán os que nos acompañen nesta primeira sesión do terceiro bloque dos nosos contos.
O xoves, 12 de abril, ás 18.30 h, na Sala Infantil da Biblioteca Fórum Metropolitano, contaremos a historia de "Buuu!" de Colin MacNaughton (SM): o porquiño Tolo anda polas rúas escuras, imaxinándose o superheroe "O vingador enmascarado". Tolo bérralles... "Buuu!" aos seus veciños, meténdolles un bo susto. Unha noite bérralle "Buuu!" ao seu pai que tamén cae de susto, pero descobre que é Tolo. Tolo está castigado polas súas accións, pero aprenderá a non asustar a xente?

No hay comentarios:
Publicar un comentario