18 ene 2012

Recollida de sinaturas

Na Asemblea Extraordinaria da ANPA celebrada onte pola tarde os asistentes acordaron a recollida de sinaturas manifestando a disconformidade dos pais/nais co mantemento da decisión do claustro de profesores de non realizar as actividades complementarias tal e como se viñan facendo en cursos anteriores (Magosto, festival de Nadal,...), acordando presentar esas sinaturas o vindeiro luns á dirección do centro para que as achegue ao claustro.
Porén, nesta semana haberá varios pais/nais voluntarios na porta do centro ás distintas horas de entrada/saída dos rapaces para recoller a sinatura de todos aqueles que queirades (sexan pais/nais ou avós/avoas de alumnos do centro).
Tamén poderedes entregar asinada ata o vindeiro luns na anpa ou deixar no noso buzón a folla de recollida de sinaturas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario