6 dic 2011

Biblioteca Miguel González Garcés

Sábados de animación - Biblioteca Nodal O sábado 17 de decembro, ás 11:30 h., actuación do mago JAVIER MURO co seu espectáculo "Un conto máxico". "Érase unha ves un neno chamado Javi, que lle gustaba moito a lectura. Un día estaba lendo un libro cando sucedeu algo inesperado, de súpeto por encantamento este empequeñeció. E ese foi o momento en que decidiu facerse mago. Pero para iso antes tiña que aprender, e comezou a buscar a maxia a través dos libros e as historias que estes contan, experimentándoa nas súas propias mans e descubrindo o poder que teñen para transmitir e aprender todo aquilo que un se propoña. É unha mestura entre contacontos e maxia onde vanse sucedendo os efectos máxicos a medida que transcorre a historia, utilizándoos para transmitir a importancia da lectura durante o conto e facendo máis interesante aquilo que se está contando".

No hay comentarios:

Publicar un comentario