3 dic 2011

Axenda da fin de semana

 
Sábado Vice-versa3
Fórum Metropolitano
17:00 e 19:00 h.
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).
Dentro do Ciclo Todo Público, representación de "Vice-versa", pola compañía Vítor Hugo Pontes (Portugal). Canto tempo falta para ser maior? Aguantar cun dedo debaixo dun pé durante cinco minutos, é moito tempo? Esta é unha historia sen pés nen cabeza... ou con dous brazos, varios dedos, xeonllos, pernas e un nariz, nun proceso que vai acompañando o desenvolvimento do concepto de tempo e crecimento durante a infancia. Con Oana Faria e Mafalda Faria. Dirixida a un público maior de 3 anos.

 
Luns 5
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 11, 15, 20 e 27'50 euros.
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, no que interpretará obras de F. Alonso e Piotr Tchaikovski, co solista Alexander Yakovlev (piano), baixo a dirección de Pietro Rizzo.

CGAI: presentación do libro “Las columnas gallegas hacia Oviedo”, de Emilio Grandío, e proxección de dúas curtametraxes

Sábado CGAI3
CGAI (Durán Loriga 10)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro do Ciclo "Off Galicia", presentación do libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo", de Emilio Grandío, e proxección de "En el frente de Asturias" (España-Portugal, 1936-1937, 15 minutos). Dirección: Films Patria. Documental pertencente á serie "¡Arriba España! La reconquista de la patria", sobre o avance da columna do coronel Martín Alonso na tentativa de romper o cerco a Oviedo no verán-outono de 1936; e "Oviedo, la mártir" (España-Portugal, 1936-1937, 14 minutos). Dirección: Films Patria. Documental pertencente á serie "¡Arriba España! La reconquista de la patria", sobre o estado da cidade de Oviedo logo da ruptura do cerco polo coronel Martín Alonso.

Teatro del Andamio: “La princesa Ana”, por Tarambana

Teatro La princesa Anadel Andamio (Alcalde Suárez Ferrín 10)
Sábado 3 ás 18:00 h.
Domingo 4 ás 12:30 e 18:00 h.

Entradas: 5 euros.
Representación de "La princesa Ana", por Tarambana Espectáculos. Chega un día en que a princesa Ana ten que seguir a tradición, ten que casar para poder reinar no seu país. Só hai un problema: ela non quere casar con ningún dos príncipes que viñeron pedir a súa man. Ela só quere seguir sendo feliz xunto á súa mellor amiga, unha doce ra. Cando a ra lle suxire que a bique para probar sorte, en lugar dun príncipe azul, aparece unha fermosa dama. Dirixido a nenos entre 3 e 12 anos.

MACUF: “¿Tocamos un blues?”, concertos didácticos no ciclo “Música animada”

Domingo 4
MACUF (Avenida de Arteixo, 171).
12:30
Entrada libre até completar capacidade.
Concerto "¿Tocamos un blues?", cos Revival Stompers (saxofón, trombón, baixo e batería), dentro do ciclo "Música animada 2011-2012".

 
Domingo 4
Palacio da Ópera
Horario: 12:15
Entrada libre até completar capacidade.
Concerto da Banda Municipal de Música, baixo a dirección de José Luis Represas, cun programa formado por grandes clásicos na banda:
- Primeira parte:
- "Capricho italiano", de Piotr Illich Tchaikovski.
- "A Gran Pascua Rosa", de Nicolai Rimski-Korsakov.
- Segunda parte:
- "Pini di Roma", de Ottorino Respighi.
- "Capricho español", de Nicolai Rimski-Korsakov.

Pista de xeo no Coliseum

Coliseimage039um
Horarios: de luns a xoves: de 17:00 a 21:00; venres de 16:30 a 22:00; sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 h.
Sesións nocturnas: Venres, sábados e vésperas de festivo: de 23:00 a 02:00 h.
Do 22 de decembro ao 8 de xaneiro: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 h. (todos os días)
Grupos escolares: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
Acceso recinto: gratuíto.
Aluguer patíns: 3 euros.
Acceso á pista: 4 euros (57 minutos).
Acceso á pista: 5 euros (tempo ilimitado).
Pista e patíns: 7 euros (57 minutos).
Patinaxe ilimitada: 9 euros (tempo ilimitado).
Hai distintas modalidades de bonos. Para máis información e reservas poden enviar un correo electrónico a  reservas at paeventos.com ou chamar aos números 881897790 e 669811705.

Teatro Rosalía: “Unha hora na vida de Stefan Zweig”, pola Compañía Lagarta, Lagarta

xoves, 1 decembro 2011, 10:10 | categorías: teatro
Venres Unha hora na vida de Stefan Zweig2 e sábado 3 ás 20:30 h.
Domingo 4 ás 19:00 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
Dentro do Ciclo Principal, representación de "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Antonio Tabares, representado pola Compañía Lagarta, Lagarta. No espectáculo introducímonos nun día, nunha hora moi especial do matrimonio Zweig, Stefan e Lotte, que nos manterá en vilo sobre no que en realidade sucedeu na vida do grande escritor, ou no que puido suceder. O matrimonio Zweig toma unha gran determinación, calculada con meticulosidade, sobre as súas vidas. Pero no seu fogar preséntase un estraño e inoportuno visitante que nos permitirá profundar nas distintas posturas de todos eles ante a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras, o poder, a liberdade individual ou a fuxida permanente dun mundo que arrepía. E para iso, deixarán as súas almas ao descuberto, nunha hora, na que se pode dicir todo. Con Ernesto Chao, Belén Constenla e César Cambeiro, baixo a dirección de Rosa Álvarez.

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, con Sarah Chang

Venres Sarah2 e sábado 3
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 11, 15, 20 e 27'50 euros.
Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, no que interpretará "As Odaliscas", de Gregorio Baudot, o "Concerto para violín nº1 en sol menor, op. 26", de Max Bruch, a estrea de "Nubens brancas/Nubens grises", de Xan Viaño, e "Morte e transfiguración", de Richard Strauss. Coa actuación como solista de Sarah Chang (violín), baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario