17 nov 2011

II Concurso Escolar de postais de Nadal do Concello da Coruña

Con motivo da proximidade das festas do Nadal, as nenas e os nenos de educación infantil e primaria escolarizados nos centros docentes do concello da Coruña que o desexen, poden desmostrar a súa sensibilidade artística á nosa cidade participando no II Concurso Escolar de postais de Nadal do Concello da Coruña.
O tema das postais será a felicitación do Nadal e do Aninovo.
As postais gañadoras serán as que lles envíe o concello ás diferentes entidades públicas e privadas para felicitarlles estas festas.
O prazo de presentación das postais comezará o xoves 17 de novembro e finalizará o xoves 1 de decembro de 2011.
A resolución do xurado darase a coñecer o 16 de decembro de 2011. O veredicto comunicaráselles directamente aos premiados, ao centro e, ao mesmo tempo, remitirase aos medios de comunicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario