5 oct 2011

Merendas no Aquarium

Comeza unha nova edición da actividade infantil Merendas no Aquarium.
 
—O luns 3 de outubro abriuse o prazo de inscrición para o primeiro trimestre
—As Merendas está pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizan unha actividade e terminan tomando un chocolate con churros

As Merendas no Aquarium celebraranse todos os sábados do curso escolar (a partir do 15 de outubro) ás 17:00 horas. Nesta edición os participantes de maior idade realizarán receitas de cociña con peixe recomendado na campaña “Elixe o peixe correcto” (proxecto europeo liderado en España polo Aquarium Finisterrae), da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas. Os máis pequenos participarán nun contacontos relacionado co mar e os seres mariños.

Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 842. Cada neno deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar. Ademais, poderá convidar a un adulto, que terá entrada gratuíta ao acuario.

A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para os portadores de Tarxeta 20.

No hay comentarios:

Publicar un comentario